Terra que levo en min
Hoxe lembreite o carón do lume.
Sentín a dozura das túas praias,e na súa fermosura deleiteime,
respirando o teu profético rumor a mar.
Antes de que as chamas,
desmerezan a túa forza.Desexo achegarme,
e no teu berce medrar.
Os vellos camiños de pedra de seguido,
fanme adorar cada paso,coma dunha oración os que por eles pasaron.
Ca morte dos carros,
a natureza tomou os seus rodeiros,
e o espírito das flores,
medra na terra do meu corazón.
Trala néboa dos meus ollos
intúo os pasos futuros,e dentro do meu ser,
brota a auga das fontes,
que traspasa as veigas,
e acrecenta a miña delicia,
ó ir bicar o mar.
O mar que ó mundo baña,
tamén te toma a ti.Con un monótono, tenue,
coma una voz lonxana,
ó pecha-los ollos,
una estrela encantada,
aluméame a escuridade, sen ti.
Rodando polo mundo
como o eixo dun carro,choro ó non terte aquí.
Queimo mais que este lume,
e coma un facho de incenso,
bendizo esta estancia lúgubre,
que vira en ponte dourado hacia ti.
Non vou deixa-lo todo,
non vou voltar agora,mais pelegrinarei pola vida…
¡Ata triunfar en ti!
Sexa como sexa,
esté onde esté.Síntome preto,
lévote en min.
******************