jueves, 17 de mayo de 2012

Día das Letras Galegas. Opresión


     Hoxe é o Día das Letras Galegas, 17 de maio, escolleuse esta data porque en 1863, neste mesmo día, apareceu en Vigo a primeira copia da obra de Cantares Gallegos de Rosalía de Castro, tamén se considera como o comezo do Rexurdimento, o renacemento cultural do galego. Na actualidade dedícase este día a homenaxear a unha persoa que destacara pola súa creación literaria en galego ou pola defensa desta lingua.
     Isto animoume a buscar algunha de esas vellas poesías que teño perdidas. Repasando as que están en galego atopei unha  inacabada, polo que  ó final refíxena e saíume o que tedes a continuación:




Opresión:

Non é verdade que poidas distinguir
a noite e o día, o branco e o preto,
todo é segúndo quen o vai dicir.

Miles de tentacións saltan en corro,
penetran o aire e a terra,
axustan e botan a chorro.

Ó redor está feita a trampa,
vai con coidado, non perdas a vida
 o fin do soño, o espertar  da alma.

Miles de tentacións saltan en corro,
penetran o aire e a terra,
axustan e botan a chorro.

O teu tempo xa foi mercado,
 os valores trocados en materia,
xa non tes nada, estás acabado.

Miles de tentacións saltan en corro,
penetran o aire e a terra,
axustan e botan a chorro.

Sentir a morte a cada segundo,
velarotio inútil que se fai eterno,
estás perdido no inferno do mundo.

Miles de tentacións saltan en corro,
penetran o aire e a terra,
axustan e botan a chorro.

Ten coidado pode ser moito peor,
xente sorrinte con ansia de sangue,
nutre o seu ego ca túa dor.

Miles de tentacións saltan en corro,
penetran o aire e a terra,
axustan e botan a chorro.

Ó saír disimula o teu don,
faite torpe, insensíbel e vulgar,
mostra o muro nunca o corazón.

Miles de tentacións saltan en corro,
penetran o aire e a terra,
axustan e botan a chorro.


                                                     **********************