O Día das Letras Galegas 2017 está aquí e este ano no teño nada preparado, así
que acabo de escribir uns versos improvisados de forma atropelada, algo desordenados
e sen aparente sentido, e dicir: como a vida mesma.
Están dedicados a alguén moi especial para min polo que están cheos de ritmo
do corazón, beleza e sentimento.
Longos cabelos namoran o vento
Redes estelares de fino
trenzado,
comunican espazos complementarios,
dende tempos inmemoriais
os ritos iniciáticos,
renden culto ao futuro
por vir.
Sinais brillantes de
luminosas cores,
crean sitios deliciosos
e imaxinarios,
remansos de pracer
compartido,
natureza desbordada de
paz e amor.
Terrestre circular de movemento,
viaxes finitos a
destinos coñecidos,
máis fortes e infinitos
son outros,
que penduran leados nos teus cabelos.
Olores mesturan o aire,
embriagan sorrisos
doces,
máis lonxe encantado
viaxan,
namorado no vento, vou.