No Día das Letras Galegas 2025, como en outras ocasións decidín escribir algo para compartir, hoxe inspirado no dito popular de "o que non pasa en anos ocorre nun día", compuxen o seguinte poema: "Agardando". O estilo poético é o que hai uns anos creei, a Poesía Detonante. Outra pequena contribución ao acervo cultural galego, sen máis pretensión que a gloria e a fama, que con retranca xa estou experimentando.
Agardando
Agardando, pola mañá agardo,
pola tarde cae o sol agardando
e por agardar agardo pola noite,
soño que non lembro que agardo.
O tempo é de vida curta no bo,
mais vida é tempo que temos
preparando e adornando o que virá,
chega cando nos imos para alá.
Non se escoitan os paxaros xa,
nin a auga do río beberás e
o ar semella estar a espesar,
a xente no da queixa, intoxicada está.
O lóstrego, o vento e a tormenta hai,
mesmo nos versos están e
non deixan de medrar,
no cemiterio habemos de bailar?