martes, 17 de mayo de 2016

Si puideses escoitar. Día das Letras Galegas 2016


Neste 2016 para non romper ca tradición, publico unha composición poética. O tema é o amor e a comunicación. O sentimento de conectar con outra persoa é algo marabilloso, aínda que non sempre se consegue. 



Si puideses escoitar

Paseando pola ribeira da vida, mollo os meus pés,
cheos de cicatrices do pasado e feridas do futuro.
A cada paso un mundo novo, trae outro anhelo puro,
conectar as nosas almas, o que eu son, o que ti es.

Si puideses escoitar aínda que só fose o meu silencio,
aquelas noites de soños espertos, de mal de amor.
Atardeceres que morren, de días que non diferencio,
sen desexos  dun novo amencer que avive tanta dor.

Que feble o meu sentir que neste marabilloso universo,
non atopa a luz  lonxe da cor dos teus ollos gozosos,
ausente e infeliz, sen os teus sorrisos  agarimosos.

Si puideses escoitar co teu corazón un só verso,
espertarías ingrávida, plena, saciada, querida,
na rompente da onda que crea a espuma da vida.






                                                      -----*******-----

jueves, 12 de mayo de 2016

A emigración. Devólveos a mar.

     O Día das Letras Galegas 2016 está próximo, o que me fixo poñerme na labor de compoñer algún verso. Nesta ocasión saíronme dúas creacións novas. Esta primeira é en honor a todos aqueles que morreron loitando por atopar un futuro mellor. 
     Os Galegos coñecemos de preto o que foi a emigración e o que segue sendo na actualidade. Na miña opinión vexo necesario que sexa un dereito universal poder saír de un pais e entrar en outro, a traballar e a vivir. O mundo é de todos, as únicas barreiras infranqueables son as que os homes poñemos a outros homes. 



Devólveos a mar

O corpo brillante cheo da neve da mar,
as algas xoias que buscaba atopar.
Seguiu o camiño dun ceo multicolor,
sen nada mais que a forza  do seu valor.
Soa a esperanza brillaba na escuridade,
mais as sombras afogaron a súa  vontade.
Non puido mais que o desexo chorar,
noutra vida vai a encontrar o seu fogar.





                                                      -----****************----