martes, 17 de mayo de 2016

Si puideses escoitar. Día das Letras Galegas 2016


Neste 2016 para non romper ca tradición, publico unha composición poética. O tema é o amor e a comunicación. O sentimento de conectar con outra persoa é algo marabilloso, aínda que non sempre se consegue. 



Si puideses escoitar

Paseando pola ribeira da vida, mollo os meus pés,
cheos de cicatrices do pasado e feridas do futuro.
A cada paso un mundo novo, trae outro anhelo puro,
conectar as nosas almas, o que eu son, o que ti es.

Si puideses escoitar aínda que só fose o meu silencio,
aquelas noites de soños espertos, de mal de amor.
Atardeceres que morren, de días que non diferencio,
sen desexos  dun novo amencer que avive tanta dor.

Que feble o meu sentir que neste marabilloso universo,
non atopa a luz  lonxe da cor dos teus ollos gozosos,
ausente e infeliz, sen os teus sorrisos  agarimosos.

Si puideses escoitar co teu corazón un só verso,
espertarías ingrávida, plena, saciada, querida,
na rompente da onda que crea a espuma da vida.






                                                      -----*******-----

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Nombre:
email:
Comentario: