domingo, 17 de mayo de 2026

Día das Letras Galegas 2026. A ninguén.


Este ano 2026, o Día das Letras Galegas está dedicado á xornalista e narradora Begoña Caamaño (Vigo, 1964 – Santiago de Compostela, 2014). A Real Academia Galega acordou homenaxear a unha autora que, a pesar de publicar dúas únicas novelas de xeito tardío, deixou unha pegada fonda ao reescribir con mestría os mitos da Odisea e a materia de Bretaña. Con esta escolla, a RAG non só celebra a súa calidade literaria, senón tamén a súa traxectoria como xornalista comprometida coa verdade, coa cidadanía e co uso do noso idioma, nun momento no que cómpre máis ca nunca reivindicar un espazo para este tipo de xornalismo.


Coma esta conmemoración me pillou sen tempo para preparar algun dos meus poemas, vou botar man dun que compuxen hai un tempo. Trátase dunha peza inscrita no xénero da poesía detonante. Como son consciente de que teño moi poucos lectores, malo será que acabe transcendendo o segredo que nel se agocha:





A ninguén


A ninguén lle conto o meu segredo,

gardo o misterio e o egoísmo por dentro,

porque ao dicilo é meu e dor que sinto,

un lume vivo que alimento en silencio.


En cada paso que dou vexo o tesouro,

baixo o chumbo dun ceo gris e cincento,

de súpeto o sol racha e mostra ouro

que busca a miña pel cun bico de vento.


É unha caricia quente e tenra,

mentres o mundo camiña nas tebras,

un abrazo de luz que me acompaña

cando a tristeza nas rúas medra.


Outros se afogan en vasos de auga,

eu vexo os problemas que caen por terra,

non hai nudo que resista o meu pulso

cando a luz interior á alma me aferra.


Dende neno camiño con este sigilo,

co saber de que nunca a vida sinxela foi,

sempre hai un sinal, un lóstrego de dor,

ou un golpe de ledicia que me aparta o po.


Alimento o meu ser con todo o vivido,

con recordos gravados a lume e cariño,

lánzome ao futuro coa forza rotunda

de quen sabe que verdades depara.


E calo, porque me daría vergonza

que outros ollaran esta luz tan divina,

pois desprezan o que non comprenden

mentres cerran os ollos a tanta beleza.


Prefiro ser egoísta e non contar a ninguén

o silencio da man que me encamiña.

A luz que ilumina en cada xornada,

o tempo enche de amor e de ledicia.


A ninguén debía dicir o que aquí escribo,

o silencio é a miña vitoria,

aínda que non quede memoria.


                                             ---