Non podemos esquecer a nosa lingua nai, o galego sigue necesitando que se use en tódolos ámbitos, culturais, socias e políticos. Os medios de comunicación son unha parte fundamental para manter o galego en boa forma. É necesario que os medios empreguen esta lingua, xa que con elo prestixian e difunden o xeito de falar dun pobo. Con esta idea xorde o proxecto "Vitaminas para o galego", impulsado polos medios en galego, e que se centran en eventos a desenvolver en distintas vilas galegas.
Dentro destes actos enmarcouse o certame de fotos da campaña “Móllate polo galego” que ademais contou co apoio do Ilmo. Concello de Rianxo. Mostrándose así en concordancia ca historia da vila, chea de grandes escritores, como: A. D. R. Castelao, Manuel Antonio, Rafael Dieste entre outros.
A miña participación neste certame era totalmente altruísta, tratando de poñer o meu gran de area, para manter unha pluralidade de linguas que considero é unha riqueza cultural para a humanidade, e que todos debemos cultivar e protexer.
Agradezo en gran medida que se premiara co primeiro premio á miña fotografía “Descalciña pola area”. Inspirada na frase da famosa canción “A Rianxeira” e tomada na escultura do mesmo nome, feita por Manuel García de Buciño dentro dun estanque de auga, que se pode ver en Rianxo desde o ano 2003. Esta foto ten un gran simbolismo e carga emocional, trata de representar ó galego, moitas veces descalciño pero presente en todo o mundo. Porque moitos se mollaron polo galego.
Descalciña pola area
Moitas grazas tamén ó xurado, que segundo as súas propias verbas “no lle foi moi doado, debido a que entre as mais de oitenta imaxes que participaron, había auténticas xoias, ben polo motivo escollido, ben polo esforzo creativo que supuxeron”. Destacaron da foto o simbolismo e “tamén quere amosar o compromiso da vila de Rianxo pola lingua galega, que aínda hoxe anda "descalciña pola area", polo que hai que mimala e coidala”.
Remato este post expresando o meu compromiso ca lingua e cultura galega. Si vos mergullades neste blog, tamén podedes ver noutras publicación en galego. Para os que lle gusta a poesía lede o poema “Terra que levo en min”, un dos que mais cariño lle teño. E como dicía Jean de La Fontaine escritor en poeta francés (1621-1695) “Pola súa obra coñecese ó artesán”.
******** ******** ********


