miércoles, 17 de mayo de 2017

Longos cabelos namoran o vento. Día das Letras Galegas 2017.

O Día das Letras Galegas 2017 está aquí e este ano no teño nada preparado, así que acabo de escribir uns versos improvisados de forma atropelada, algo desordenados e sen aparente sentido, e dicir: como a vida mesma.  
Están dedicados a alguén moi especial para min polo que están cheos de ritmo do corazón, beleza e sentimento.

Longos cabelos namoran o vento

Redes estelares de fino trenzado,
comunican espazos complementarios,
dende tempos inmemoriais os ritos iniciáticos,
renden culto ao futuro por vir.

Sinais brillantes de luminosas cores,
crean sitios deliciosos e imaxinarios,
remansos de pracer compartido,
natureza desbordada de paz e amor.

Terrestre circular de movemento,
viaxes finitos a destinos coñecidos,
máis fortes e infinitos son outros,
que penduran leados nos teus cabelos.

Olores mesturan o aire,
embriagan sorrisos doces,
máis lonxe encantado viaxan,
namorado no vento, vou.



martes, 17 de mayo de 2016

Si puideses escoitar. Día das Letras Galegas 2016


Neste 2016 para non romper ca tradición, publico unha composición poética. O tema é o amor e a comunicación. O sentimento de conectar con outra persoa é algo marabilloso, aínda que non sempre se consegue. 



Si puideses escoitar

Paseando pola ribeira da vida, mollo os meus pés,
cheos de cicatrices do pasado e feridas do futuro.
A cada paso un mundo novo, trae outro anhelo puro,
conectar as nosas almas, o que eu son, o que ti es.

Si puideses escoitar aínda que só fose o meu silencio,
aquelas noites de soños espertos, de mal de amor.
Atardeceres que morren, de días que non diferencio,
sen desexos  dun novo amencer que avive tanta dor.

Que feble o meu sentir que neste marabilloso universo,
non atopa a luz  lonxe da cor dos teus ollos gozosos,
ausente e infeliz, sen os teus sorrisos  agarimosos.

Si puideses escoitar co teu corazón un só verso,
espertarías ingrávida, plena, saciada, querida,
na rompente da onda que crea a espuma da vida.






                                                      -----*******-----

jueves, 12 de mayo de 2016

A emigración. Devólveos a mar.

     O Día das Letras Galegas 2016 está próximo, o que me fixo poñerme na labor de compoñer algún verso. Nesta ocasión saíronme dúas creacións novas. Esta primeira é en honor a todos aqueles que morreron loitando por atopar un futuro mellor. 
     Os Galegos coñecemos de preto o que foi a emigración e o que segue sendo na actualidade. Na miña opinión vexo necesario que sexa un dereito universal poder saír de un pais e entrar en outro, a traballar e a vivir. O mundo é de todos, as únicas barreiras infranqueables son as que os homes poñemos a outros homes. 



Devólveos a mar

O corpo brillante cheo da neve da mar,
as algas xoias que buscaba atopar.
Seguiu o camiño dun ceo multicolor,
sen nada mais que a forza  do seu valor.
Soa a esperanza brillaba na escuridade,
mais as sombras afogaron a súa  vontade.
Non puido mais que o desexo chorar,
noutra vida vai a encontrar o seu fogar.





                                                      -----****************----