viernes, 17 de mayo de 2024

O poema que presento hoxe "Fíos da Vida"

Este ano 2024, no Día das Letras Galegas, quero dar un paso adiante no meu compromiso coa poesía galega, presentándovos un novo poema dentro do xénero que comecei a explorar hai uns anos: a Poesía Detonante.  A miña intención é deixar unha pequena pegada, aportando un anaco da miña creatividade e imaxinación.

A Poesía Detonante naceu da necesidade de expresar sentimentos con tal intensidade que a cabeza non ten tempo de organizalos en estruturas métricas convencionais. A utopía en esencia é unha poesía que xorde impulsivamente, seguindo unha orde tribal de palabras e versos, creando unha conexión directa coa alma a través da linguaxe do corazón. Este estilo, libre e espontáneo, desafía as normas tradicionais da poesía, permitindo que cada verso reborde emocións desordenadas.

O poema que presento hoxe, titulado "Fíos da Vida", reflicte o misterio da existencia e a emoción de descubrir o noso destino. Nunha mestura de vivencias persoais e intuición poética, tento capturar a esencia da vida, esa viaxe chea de encrucilladas e sorpresas que nos levan a explorar o noso verdadeiro camiño ca metáfora dos fíos. 


Fíos da Vida


Destelos de luz espertan emocións,

fíos infinitos das pólas penduran.

No vento engaiolan, en múltiples sons,

entre o ceo e o chan, historias murmuran.


Tiramos do branco que moito namora,

mais non o acadamos, só nos demora.

Tiramos do azul, ilusión que renace,

mais no mar atopamos que o soño desfaise.


Fío longo amarelo, febre e esmorga conta,

chega á memoria, que de lonxe remonta.

Vemos con graza o relato entretido,

entre luces e sombras, o camiño vivido.


Pouco a pouco escollemos co cerebro,

ás veces acertamos, outras esmorecemos.

Co corazón tiramos, e o fío enliamos,

máis vale curto que longo e errado.


Camiñamos, erramos, e a miúdo caemos,

mais sempre erguemos a fronte, valentes.

A vida é mestura de pasos diversos,

que nos levan cara a horizontes inmensos.


O destino é un segredo na caixa dos ventos,

gardado no tempo, un enigma constante.

Nós, peregrinos, buscamos alentos,

respostas que veñen nun sopro desbordante.


No cruce das horas, os días detonan,

danzas de sombras, de luces fugaces.

E o corazón, brúxula errante,

segue os fíos que brillan distantes.





domingo, 28 de mayo de 2023

Entrelazamento cuántico e a lenda do fío vermello

 




O entrelazamento cuántico foi inicialmente proposto polos seus autores (Einstein, Podolsky e Rosen) como un argumento en contra da mecánica cuántica, en particular coa intención de probar a súa incomprensión xa que se pode demostrar que as correlacións preditas pola mecánica cuántica son inconsistentes co principio do realismo local, que di que cada partícula debe ter un estado ben definido, sen necesidade de facer referencia a outros sistemas distantes.

O entrelazamento é un fenómeno cuántico, sen equivalente clásico, no cal os estados cuánticos de dous ou máis obxectos deben ser descritos mediante un estado único que involucra a todos os obxectos do sistema, aínda que estean separados espacialmente. Isto leva a correlacións entre as propiedades físicas observables. Por exemplo, é posible preparar (enlazar) dúas partículas nun único estado cuántico de espín nulo, de forma que cando se observe que unha xira cara arriba, a outra automaticamente recibirá un "sinal" e mostrarase como xirando cara abaixo, a pesar da imposibilidade de predecir, segundo os postulados da mecánica clásica, que estado cuántico se observará.





O fío vermello do destino (en galego: "fío vermello do destino"; en chinés simplificado: 红线; en chinés tradicional: 紅線; en xaponés: 赤い糸) é unha crenza do Leste de Asia, presente na mitoloxía chinesa e na xaponesa. Ademais, este mito tamén se reflicte no Occidente coas chamadas "chamas xemelgas".


Segundo este mito, os deuses ataban un fío vermello ao redor do tobillo ou no dedo meñique, no caso da cultura xaponesa, das persoas que están destinadas a coñecerse ou axudarse nun momento concreto e dunha maneira determinada.


Para a lenda chinesa, Yuè Xia Lǎo (月下老), ás veces abreviado como Yuèlǎo (月老), o antigo deus lunar encargado dos matrimonios, é o artífice dese feito.


Este fío está unido á persoa da que máis vas querer e sempre todos vamos ter un. Deste xeito, as dúas persoas unidas polo fío vermello están destinadas a quererse entre si, independentemente do momento, o lugar ou a circunstancia. Polo tanto, este cordón máxico pode estirarse ou enredarse, pero nunca pode romperse.


A teoría do entrelazamento cuántico e a lenda do fío vermello do destino son dúas ideas que pertencen a campos moi diferentes, a física cuántica e a mitoloxía, respectivamente. Aínda que á primeira vista poden parecer similares, xa que ambas falan de conexións especiais entre dúas entidades separadas espacialmente, a súa natureza e implicacións son distintas.


Dunha perspectiva filosófica, poderiamos unir as teorías do entrelazamento cuántico e do fío vermello do destino mediante unha similitude ficticia que use estas dúas "teorías" e as aplique a un contexto común.


Imaxinemos unha narrativa na que o entrelazamento cuántico non só se produce a nivel subatómico, senón tamén a nivel humano. Nesta historia ficticia, cada persoa nace cunha conexión cuántica única, representada por un fío invisíbel que simboliza a súa interconexión co resto do mundo. Este fío, similar ao fío vermello do destino, está ligado ás persoas coas que están destinadas a ter unha relación especial.


Nesta narrativa, as persoas poderían percibir vagamente a existencia deste fío, pero non serían conscientes do seu significado completo ata que encontren á persoa coa que están entrelazadas. Ao atoparse, sentirían unha conexión instantánea e profunda, como se o tempo e a distancia non importaran. As súas vidas e experiencias estarían entrelazadas nun nivel máis profundo, superando as barreiras físicas e emocionais.


A historia exploraría os aspectos filosóficos do destino, o amor e a interconexión entre as persoas. Podería abordar cuestións como a liberdade e a elección, se o noso futuro está predeterminado polo entrelazamento cuántico ou se temos algún grao de libre albedrío para elixir a nosa dirección.


A través desta similitude ficticia, poderiamos explorar as posibles implicacións filosóficas e emocionais do entrelazamento cuántico e a súa relación coas nosas vidas e relacións humanas. Aínda que sexa unha ficción, esta unión entre a teoría científica e a lenda podería levarnos a reflexionar sobre a natureza da realidade, o amor e a nosa conexión co mundo que nos rodea.


jueves, 17 de mayo de 2018

O detonante da pertenza. Día das Letras Galegas 2018.



Este ano 2018 vou a darlle á poesía galega un pulo. Aínda que eu non son ningún referente da literatura ni tampouco son prolífero como para que se me teña en conta como Poeta, gustaríame deixar a miña pegada nas letras galegas. Aproveitando a miña experiencia no mundo da innovación unido á miña creatividade e imaxinación,  preséntovos un novo xénero literario: a Poesía Detonante.

A Poesía Detonante segue unha orde tribal nas palabras e nos versos, expresan nun impulso unha creación poética.

Ten un pouco que ver ca composición “Longos cabelos namoran o vento” que debido a forza do sentimento e a presa por telo listo para o día 17 deixei ó lado as estruturas métricas e a orde académico da escritura. Este ano ó comezar a escribir aconteceume algo parecido que ten unhas características propias e ben definidas. A Poesía Detonante; nace un novo estilo da necesidade de expresar un sentimento motivado por uns acontecementos ou vivencias e que debido a súa forza saen do corazón de forma desordenada e á cabeza non lle da tempo a expresalos de xeito normalizado. O fermoso desta poesía é que así como sae tamén cando entra vai directa á alma usando a linguaxe do corazón.

Fará falla que haxa seguidores e máis poetas que usen este xénero para as súas obras. Non sei si se dará o caso pero que non se diga que no está posta a primeira pedra.




O detonante da pertenza

Manancial da terra viaxeira lingua nai,
dende o Medulio ata Atlántida teus fillos.
Retorta senda chea de verdor cinguido,
imposibles formas de patria camiñante.

Floridas verbas esparexidas polo mundo,
cheas de morriña tamén nestes tempos,
medran fermosas, coloradas, perfumadas,
aínda que lonxe caeron sementadas.

Artificiais fontes recollen as augas,
transparentes, tibias e claras,
mergulladas en outras salgadas,
duras e ácidas permanecen inmaculadas.

Loitas clandestinas na escuridade,
os nosos  perdidos e cheos de saudade.
Ruído de rogos e gritos nos ventos,
desleigados, forzados froitos da bestialidade.

As crebas dos que volven e dos que varan,
penduremos bandeiras en cada penedo,
que saiban seguros que outros esperan,
somos moitos e moitas falando en segredo.


               ***************---**************