jueves, 17 de mayo de 2018

O detonante da pertenza. Día das Letras Galegas 2018.



Este ano 2018 vou a darlle á poesía galega un pulo. Aínda que eu non son ningún referente da literatura ni tampouco son prolífero como para que se me teña en conta como Poeta, gustaríame deixar a miña pegada nas letras galegas. Aproveitando a miña experiencia no mundo da innovación unido á miña creatividade e imaxinación,  preséntovos un novo xénero literario: a Poesía Detonante.

A Poesía Detonante segue unha orde tribal nas palabras e nos versos, expresan nun impulso unha creación poética.

Ten un pouco que ver ca composición “Longos cabelos namoran o vento” que debido a forza do sentimento e a presa por telo listo para o día 17 deixei ó lado as estruturas métricas e a orde académico da escritura. Este ano ó comezar a escribir aconteceume algo parecido que ten unhas características propias e ben definidas. A Poesía Detonante; nace un novo estilo da necesidade de expresar un sentimento motivado por uns acontecementos ou vivencias e que debido a súa forza saen do corazón de forma desordenada e á cabeza non lle da tempo a expresalos de xeito normalizado. O fermoso desta poesía é que así como sae tamén cando entra vai directa á alma usando a linguaxe do corazón.

Fará falla que haxa seguidores e máis poetas que usen este xénero para as súas obras. Non sei si se dará o caso pero que non se diga que no está posta a primeira pedra.




O detonante da pertenza

Manancial da terra viaxeira lingua nai,
dende o Medulio ata Atlántida teus fillos.
Retorta senda chea de verdor cinguido,
imposibles formas de patria camiñante.

Floridas verbas esparexidas polo mundo,
cheas de morriña tamén nestes tempos,
medran fermosas, coloradas, perfumadas,
aínda que lonxe caeron sementadas.

Artificiais fontes recollen as augas,
transparentes, tibias e claras,
mergulladas en outras salgadas,
duras e ácidas permanecen inmaculadas.

Loitas clandestinas na escuridade,
os nosos  perdidos e cheos de saudade.
Ruído de rogos e gritos nos ventos,
desleigados, forzados froitos da bestialidade.

As crebas dos que volven e dos que varan,
penduremos bandeiras en cada penedo,
que saiban seguros que outros esperan,
somos moitos e moitas falando en segredo.


               ***************---**************

miércoles, 17 de mayo de 2017

Longos cabelos namoran o vento. Día das Letras Galegas 2017.

O Día das Letras Galegas 2017 está aquí e este ano no teño nada preparado, así que acabo de escribir uns versos improvisados de forma atropelada, algo desordenados e sen aparente sentido, e dicir: como a vida mesma.  
Están dedicados a alguén moi especial para min polo que están cheos de ritmo do corazón, beleza e sentimento.

Longos cabelos namoran o vento

Redes estelares de fino trenzado,
comunican espazos complementarios,
dende tempos inmemoriais os ritos iniciáticos,
renden culto ao futuro por vir.

Sinais brillantes de luminosas cores,
crean sitios deliciosos e imaxinarios,
remansos de pracer compartido,
natureza desbordada de paz e amor.

Terrestre circular de movemento,
viaxes finitos a destinos coñecidos,
máis fortes e infinitos son outros,
que penduran leados nos teus cabelos.

Olores mesturan o aire,
embriagan sorrisos doces,
máis lonxe encantado viaxan,
namorado no vento, vou.



martes, 17 de mayo de 2016

Si puideses escoitar. Día das Letras Galegas 2016


Neste 2016 para non romper ca tradición, publico unha composición poética. O tema é o amor e a comunicación. O sentimento de conectar con outra persoa é algo marabilloso, aínda que non sempre se consegue. 



Si puideses escoitar

Paseando pola ribeira da vida, mollo os meus pés,
cheos de cicatrices do pasado e feridas do futuro.
A cada paso un mundo novo, trae outro anhelo puro,
conectar as nosas almas, o que eu son, o que ti es.

Si puideses escoitar aínda que só fose o meu silencio,
aquelas noites de soños espertos, de mal de amor.
Atardeceres que morren, de días que non diferencio,
sen desexos  dun novo amencer que avive tanta dor.

Que feble o meu sentir que neste marabilloso universo,
non atopa a luz  lonxe da cor dos teus ollos gozosos,
ausente e infeliz, sen os teus sorrisos  agarimosos.

Si puideses escoitar co teu corazón un só verso,
espertarías ingrávida, plena, saciada, querida,
na rompente da onda que crea a espuma da vida.






                                                      -----*******-----